Loitar saben, unha serie para achegarse ao pasado das mulleres

A serie está producida pola revista Mazarelos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A serie Loitar saben, promovida por Mazarelos, revista de historia e cultura, publicou os dous episodios dunha serie docuemntal que busca observar a experiencia da vida das mulleres en dous momentos do pasado. Por unha banda, a peza Fisterra recupera a memoria das traballadoras desta vila coruñesa entre o doméstico e o traballo público. O outro documental, Loiba feminino achégase á creación da Unión Deportiva Loiba Feminino no ano 1989, na que un grupo de mulleres de Ortigueira comezaron a xogar ao fútbol, ata o momento un espazo unicamente masculino. O obxectivo é "darlle voz a elas mesasm para rachar eufemismos e tópicos que falsean a realidade histórica". O proxecto está financiado polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.

Fisterra

Loiba feminino

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O teatro que perdura

O teatro que perdura

O CCG remata a serie documental 'Memoria do teatro galego na Transición'

Quiosco: Mazarelos número 7

Quiosco: Mazarelos número 7

O novo número da revista recupera arquivos fotográficos ou analiza a relación entre identidade galega e fútbol

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Fisterra, Documental, Xacobeo...