A capital de Bergantiños volve activar as súas importantes citas de encontro da cidadanía co libro e a lectura, unha aposta pola que Carballo ten un peso especial na axenda literaria do país. Baixo o lema e invitación á reflexión "Carballo é..." comeza o vindeiro luns 25 de abril a Semana do Libro e a Lectura, organizada pola Concellaría de Cultura en colaboración coa AS-PG e patrocinada pola Fundación Luis Calvo Sanz. Enfocada cara o alumnado de infantil e primaria as actividades que se desenvolverán ata o 29 de abril nos colexios incluirán espectáculos de Cé Orquestra Pantasma, María da Pontragha, o mago David Méndez, Félix Rodríguez e Fran Rei, Teatro Ghazafelhos, Xarope Tulú e mesmo un obradoiro de robótica. Sobre o lema, e co obxectivo d descubrir como a rapazada entende o seu concello realizouse un traballo previo nas aulas que agora se poderá ver nunha exposición na Biblioteca Municipal Rego da Balsa.
Ademais diso o Concello ven de anunciar tamén a volta do outro proxecto literario coa colaboración da Fundación Luis Calvo Sanz, a Praza dos Libros. A feira da creatividade cultural regresa a Carballo tras dous anos de parón, co seu formato habitual no Xardín Municipal do 7 ao 10 de xullo. Aínda non se coñece o seu programa pero xa podemos coñecer quen será o pregoeiro: Xan Fernández Carrera. Profesor de primaria durante varias décadas, presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns, membro da directiva do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e da Fundación Gonzalo López Abente, Fernández Carrera é tamén o autor dunha trintena de obras, entre elas a Guía de Carballo, que constitúen unha auténtica enciclopedia sobre a Costa da Morte.