É un proxecto histórico e antropolóxico coma os de antes e, se cadra, un dos últimos do seu xénero na súa ambición e metodoloxÃa. Unha meticulosa investigación de toda unha vida na que se entrecruzan a arqueoloxÃa, as fontes históricas, a etnografÃa, a mitoloxÃa comparada e unha erudición inesgotable. Dous destacados investigadores, os catedráticos MartÃn Almagro Gorbea e Fernando Alonso Romero publicaron o libro Peñas sacras de Galicia, editado pola Fundación Luis Monteagudo. O resultado: un inventario de 300 pedras con tradicións sanadoras, mitolóxicas, lendarias ou históricas dispersas por todo o paÃs. E unha advertencia: segundo os autores, só o 5% das penas sacras conservan os rituais asociados a elas, máis do 50% foron xa total ou parcialmente destruÃdas e case o 90% corren un perigo moi serio de destrución. O seu descoñecemento e difÃcil definición dificultan, segundo os autores, a súa protección.
A cultura galega tradicional prestou sempre unha gran atención ás pedras. Desde a Pedra de Abalar, próxima ao santuario da Virxe da Barca (MuxÃa) ata a Translatio Xacobea, na que o corpo do Apóstolo Santiago foi traÃdo nunha barca de pedra ata as costas galegas, Galicia conta cun numeroso acervo de folclore ao redor de pedras con tradicións e prácticas de carácter sacro, relixioso, protector ou mesmo curador. Pero ata o momento non coñeciamos a magnitude, escala e diversidade destas prácticas e do número de penedos. "O estudo destes monumentos segue unha tradición centenaria en Galicia, aÃnda que permaneceu durante moitos anos marxinado, cando non ignorado, dada a dificultade de precisar o seu contexto cultural e cronoloxÃa para poder interpretalos de xeito obxectivo como calquera outro elemento histórico e cultural", sinalan MartÃn Almagro e Fernando Romero no prólogo da publicación.
En pedra de ninguén
As pedras sacras galegas figuran como elementos destacados desde os primeiros textos históricos da Galicia do Rexurdimento. Autores como MurguÃa ou Verea y Aguiar incluÃan nos seus textos referencias, debuxos e fotografÃas de pedras con formas singulares que, en moitos casos, tiñan un importante patrimonio inmaterial asociado. Coas fronteiras entre o natural e o artificial moi desdebuxadas, era frecuente considerar estes penedos como testemuñas de prácticas relixiosas prehistóricas. Este fenómeno aÃnda continúa hoxe, onde en numerosos folletos turÃsticos ou webs municipais asócianse pedras significativas a prácticas dun pasado moi remoto, aÃnda que raramente existan evidencias que o testemuñen.
Sen embargo, a realidade é moito máis diversa e rica, e a propia confección do libro parece sinalar a necesidade dunha . Os autores de Peñas Sacras de Galicia proceden de disciplinas distintas. MartÃn Almagro Gorbea é catedrático xubilado de Prehistoria e ArqueoloxÃa da Universidade Complutense de Madrid, Anticuario Perpetuo da Real Academia da Historia e un dos máis destacados investigadores no ámbito da Hispania Céltica. Fernando Alonso Romero é Catedrático de Historia e Cultura dos paÃses de Fala Inglesa da Universidade de Santiago e unha referencia fundamental na antropoloxÃa, etnografÃa e historia cultural do mar galego. Os dous levan toda a vida buscando pedras no monte.
Diversidade de pedras, diversidade de usos
Almagro e Romero clasifican o patrimonio pétreo de Galicia amosando a diversidade dos seus usos, lendas e mitos. Deste xeito, aluden ás penas numÃnicas, é dicir, aquelas que "se identifican cun espÃrito ou divindade local", nos que o penedo, malia non ter moitas veces trazas de ser alterado, conserva a crenza de estar vinculado a algún tipo de personaxe mÃtico. É o caso dos mouros, ou en moitas ocasións a moura como figura singular, pero tamén asociadas a santos ou á Virxe MarÃa. Nalgúns casos, as pedras teñen marcas, habitualmente provocadas pola erosión, que a tradición interpretou como pegadas dos protagonistas da historia ou mesmo do cabalo dun heroe ou do Apóstolo Santiago.
Os autores tamén recoñecen os "altares rupestres" como espazos dedicados aos sacrificios en relixións antigas, as penas de adiviñación ou para propiciar a sorte, as penas fecundantes que facilitan a fecundidade, as penas sanadoras que curan elementos da saúde ou outras vinculadas á rituais propiciatorios do tempo atmosférico, que emiten sons, que combinan as súas propiedades máxicas con ser marcos de división territorial ou mesmo as barcas de pedra, é dicir, penedos interpretados como antigas embarcacións nas que os santos chegaron ao seu destino.
No traballo dos autores, entre todas as tipoloxÃas en Galicia destácase as pedras numÃnicas, asociadas a un ser mÃtico, os altares rupestres, as pedras que curan ou as camas pétreas que propician a fecundidade. E sobre todo localizan estas tradicións no antigo territorio da "Hispania céltica", na zona occidental da penÃnsula, abranguendo Galicia, Portugal ou Estremadura, aÃnda que poden existir diferencias entre zonas.
Unha das manifestacións culturais máis antigas de Galicia
"Estes monumentos son esenciais para coñecer a mentalidade do home prehistórico e perduraron case ata o dÃa de hoxe nun extraordinario proceso de 'longa duración'", afirman Almagro e Alonso Romero, "polo que constitúen unha das manifestacións culturais máis antigas e sorprendentes do patrimonio de Galicia". Toda a tradición inmaterial a estes espazos está desaparecendo con moita rapidez, asà como as propias pedras debido á construción, ás plantacións forestais e en xeral ao despoboamento. "Menos do 5% das penas sacras coñecidas conservan o rito que lles dá o seu carácter "sacro", máis do 50% foron xa total ou parcialmente destruÃdas e case o 90% corren un perigo moi serio de destrución", advirten os autores.
A protección legal de moitos destes espazos, de acordo á Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, poderÃa vincularse a categorÃas de bens inmobles como sitio histórico, lugar de valor etnolóxico ou mesmo paisaxe cultural. De feito, algunhas pedras emblemáticas como a Pedra de Abalar, en MuxÃa, gozan de protección expresa, pero os casos son moi contados e sempre vinculados a un conxunto. Estas pedras figuran nun territorio impreciso, xa que ao non encaixar nas divisións tradicionais dos bens inmobles do patrimonio cultural, como os sitios arqueolóxicos ou os templos católicos, en moitos casos precisarÃan de maior investigación, documentación e demanda social para que figuraran protexidas.
Polo de agora, o libro Peñas sacras de Galicia, descargable de xeito gratuÃto na rede, permite observar parte desta riqueza ao tempo.