O pasado domingo finou en Compostela o pintor Xulio Maside (Vigo, 1933), sobriño doutro pintor, Carlos Maside. Xulio Maside, médico de profesión, desempeñaba unha importante faceta como activista cultural. Deste xeito, foi un dos fundadores da Asociación Cultural O Galo, unha entidade fundamental na reactivación cultural de Santiago de Compostela no franquismo, e durante os 70 e 80 presidiu a Asociación Galega de Artistas Plásticos. Xulio Maside contou cunha gran retrospectiva celebrada en 2014 no Auditorio de Galicia na que se apreciou a súa evolución persoal, desde un estilo máis próximo ao do seu tÃo Carlos, con quen aprendeu os básicos da pintura, ata o desenvolvemento da súa obra propia. Alà destacou na representación de corpos humanos, sobre todo de muller, e na reiteración de temas vinculados moitas veces ao amor e ao erotismo, como na súa última exposición, Parellas celebrada na Fundación Granell tamén de Santiago de Composetla e comisariada pola súa muller, Esther RodrÃguez.