A incorporación do convento de Santa Clara como espazo municipal para a actividade cultural dá esta primavera un paso moi grande tras da presentación do programa 'Hibridas' por parte do Concello de Pontevedra. Máis de trinta actividades e máis de trinta artistas forman parte do programa que durante abril e maio poderá ser gozado totalmente de balde na antiga igrexa deste espazo. 'HÃbridas en Santa Clara' é o nome que engloba seis ciclos distintos que agrupan unha serie de espectáculos de Ãndole variada e ecléctica, que van desde a danza ao cinema, pasando pola música ou a interpretación e que foron pensados expresamente para este sitio. Levan por nome: Mesturas, Danza, Desconecta, Sons no Retablo, Pianos e Música sen Palabras. Unha serie de espectáculos no que figuran nomes como Samudra TrÃo, RosalÃa Gómez Lasheras, Kirenia Danza, Alberto Vilas, Deleria, a Orquesta Clásica de Vigo, Goretti Gómez ou Brais González.
O programa comezará o vindeiro 8 de abril, coa actuación de Caamaño & Ameixeiras no que será o arranque do ciclo Mesturas, que busca poñer en valor á muller, tanto na súa faceta de compositoras como de intérpretes e que rematará o 29 de maio, con Apatacón. Faia DÃaz e Vero Rilo. Os dÃas 19, 20 e 21 de abril terá lugar 'Música sen palabras', que inclúe a proxección de tres filmes de cinema mudo, 'Nanuk o esquimal', 'O maquinista da xeral', de Buster Keaton e 'Amencer', de Murnau, ás que o pianista e compositor vigués Brais González poñeralle a música en directo. A maiorÃa dos espectáculos serán de tarde, ás 20 horas, mais tamén haberá algunha cita de mañá. A entrada para todas as actividades será de balde até chegar ao lÃmite das 155 cadeiras dispoñibles. Apenas fai catro meses desde a adquisición de Santa Clara por parte do Concello de Pontevedra cun custe de 3,2 millóns de euros. Neste tempo Santa Clara xa acolleu , ademais de visitas guiadas, conferencias e actividades varias pero estea é a primeira programación deseñada con continuidade para o sitio.