Rouban o Atlante de Manuel Coia no faro de Punta Nariga

A escultura foi retirada cunha radial

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Foto: Noelia Antelo / Concello de Malpica

Foto: Noelia Antelo / Concello de Malpica

A escultura de Manuel Coia desafiaba os ventos desde o vértice do Faro de Punta Nariga, como parte da intervención contemporánea realizada por César Portela no que foi o derradeiro faro construído en España. Pero a obra, propiedade da Autoridade Portuaria da Coruña, desapareceu. Foi cortada cunha radial e substraída. Os feitos xa foron postos en coñecemento da Garda Civil. A substracción desta obra súmase a outras desaparicións de obras de arte pública nos últimos meses noutros puntos da xeografía galega.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Portela, Xeografía, Garda Civil

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos