Hai algúns anos, as xanelas arqueolóxicas consideráronse solucións positivas para conciliar a preservación e contemplación de restos arqueolóxicos co urbanismo actual das cidades. Pero axiña comezaron a dar problemas de condensación e concentración de humidades. O concello de Lugo tomou a decisión de tapar unha destas fiestras arqueolóxicas nas que se podÃa apreciar unha inscrición de época romana asociada á fundación da muralla. O Servizo municipal de arqueoloxÃa tomou a decisión tralos numerosos problemas provocados pola fiestra, como roturas, humidades e sales que erosionan a pedra. A inscrición foi tapada con grava e un xeotextil e o cristal será substituÃdo por un pavimento que incluria unha réplica da inscrición. "A exposición de restos arqueolóxicos con ventás foi case experimental en lugo, habÃa poucos exemplos en Galicia, e agora podemos dicir que é un sistema obsoleto e "fallido", explicou a La Voz o arqueólogo municipal Enrique González.