Chicharrón achega a súa obra máis íntima con Erosión

O álbum foi composto durante o último mes de vida da nai do vocalista

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Chicharrón achega a súa obra máis íntima con Erosión

Unha tiraxe de 68 casetes, tantos como anos tería feito a nai de Alberto M. Vecino, cantante do grupo, este 1 de marzo, compón a edición física de Erosión novo lanzamento da banda Chicharrón. Na rúa desde o comezo deste mes, o álbum achega dez temas que o vocalista escribiu durante o último mes de vida da súa nai, gravadas na mesma orde en que se compuxeron.

Segundo explica a presentación, Erosión "É música como consolo e tamén como memoria, para lembrar e tamén para tentar comprender" a compor "un disco duro, orgánico, libre e feminista. É un disco vivo unido á morte. É un disco ao redor dun berro e do seu silencio. É un disco que escoita á natureza. É un disco que mira cara arriba. É un disco para bailar, se cres que bailar é estar de acordo en reorganizar o que un foi ata ese momento".

A banda realizou a gravación no seu propio local de ensaio de Carballo, agás as baterías, que se rexistraron en Ogrobe ao longo do mes de xaneiro deste mesmo ano. Ferror Récords corre co lanzamento, que se pode escoitar tamén en plataformas dixitais.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chicharrón, Morte, Natureza, Ensaio...