A grande ilusión de Cunqueiro

Ouvirmos presenta un documental sobre as falsas traducións poéticas de Álvaro Cunqueiro

Ouvirmos presenta un documental sobre as falsas traducións poéticas de Álvaro Cunqueiro
Fotograma do documental
Durante décadas, o escritor Álvaro Cunqueiro foi publicando no Faro de Vigo infinidade de poemas supostamente traducidos doutras linguas. "Traduciu ao galego preto dun milleiro de poemas, de máis de 400 autores de 40 nacionalidades distintas", sinálase no documental estreado estes días por Ouvirmos dentro dos produtos financiados polo Fondo de proxectos culturais en lingua galega. Pero había un problema: cando os profesores Xosé Henrique Costas e Iago Castro comezaron a estudar toda esta obra poética dispersa e a consultar con diferentes expertos en distintas literaturas do mundo, decatáronse de que eses autores non existían. Eran todo parte do quefacer poético de Cunqueiro. Aínda que se descoñecen as intencións polas que Cunqueiro encheu o Faro de Vigo de heterónimos coa súa obra, os expertos entrevistados sinalan que estaba explorando formas poéticas do seu interese nun momento no que a literatura galega primaba máis unha poesía máis social e de combate. O documental dá conta desta historia.

Mira o documental