
Para este importante momento os DakÃdarrÃa presentan en 'Colaxe' dez temas coherentes coa súa identidade musical festiva e contestataria. Temas como 'Pobo de artistas', 'Somos Nós', 'Seguimos en pé!' ou 'Que pidan perdón' deixan as claras que a actitude combativa e reivindicativa coa súa terra non decaeu en absoluto cos anos. Importante prsenza dos instrumentos de metal no seu estilo de fanfarra, ská, reggae, hip-hop ou rock son algúns dos sons que a banda ofrece ao longo deste novo traballo no que todas as letras están en galego agás 'Saltvage', en catalán coa colaboración de Xabi Arakama . Cunha formación ampliada a nove integrantes e a súa enorme bagaxe musical o grupo presenta con este, o seu sétimo traballo longo, sexto de estudio co que está prevista tamén unha xira que aÃnda non ten datas concretadas. O disco gravouse maioritariamente en Nigrán, nos estudios CarpinterÃa, e por alà a banda fixo pasar a unha gran representación da escena musical galega, xa que ata 8 dos dez temas contan con unha ou máis colaboracións. Nalgún caso como na canción 'Somos un pobo de artistas', un dos temas de lanzamento, ademais da colaboración destacada das Tanxugueiras e O Rabelo, a lista de colaboracións resulta inabarcable nestas liñas incluÃndo entre outros moitos a Aphonnic, Cuarta Xusta, Ezetaerre, Wöyza, GarcÃa MC, High Paw, O Sonoro MaxÃn, Mounqup, Som Do Galpóm ou Pauliña, entre outras.