O Museo de Pontevedra abre hoxe xoves a exposición 'De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra'. A mostra pretende amosar cunha visión obxectiva, baseada na investigación, quen eran Carmen Babiano Méndez-Núñez e as súas fillas MarÃa e Concha Mendoza, mulleres burguesas que viviron no 'Palacete das Mendoza' a finais do século XIX e principios do XX, reconstruÃndo, o ambiente cultural e social da época, marcada pola fin do colonialismo e o imperialismo español, a través da pintura, a música, a fotografÃa e a moda.
O percorrido da mostra está estruturado en dúas partes: unha primeira dedicada á nai e a súa traxectoria como artista, e unha segunda -máis ampla-, que reflicte a vida das súas fillas como continuadoras do seu legado. A sociedade, o Palacete das Mendoza como reflexo do luxo burgués, Oriente no chalé, a imaxe interior e o culto á beleza e a moda e os complementos, son os distintos apartados nos que se desenvolve a exposición. A mostra está composta de obxectos persoais, obras de arte, libros, fotografÃas inéditas ou exemplos da súa vestimenta que forman parte dos fondos do propio Museo de Pontevedra e foron restauradas para esta ocasión. As comisarias da mostra, as conservadoras do Museo de Pontevedra Reis Camiña, Beatriz de San Ildefonso e Natalia Fraguas, explican que se ofrece "unha parte importante da colección deste Museo, tanto fotográfica, como de artes decorativas ou de pintura, procede desta familia. É a primeira vez que se van a ver moitos deses fondos que levan aquà desde principios dos anos 70".
A través de todos eses fondos poderase coñecer o tipo de educación que recibÃa unha muller da alta sociedade como Carmen Babiano, quen desenvolvese actividades artÃsticas e culturais que tiveron unha importante repercusión no ambiente intelectual de Pontevedra na segunda metade do século XIX. A súa formación transmitiuna ás súas fillas que, seguindo o seu exemplo, converteron a residencia familiar, o 'Chalé Méndez Núñez', despois coñecido como 'Palacete das Mendoza', nun referente cultural. Os faladoiros, os bailes de sociedade e as veladas musicais que se celebraban nos seus salóns, foron o lugar de encontro non só do máis destacado da sociedade pontevedresa senón de todos os personaxes ilustres que visitaban a cidade. "Afastándonos dos estereotipos a exposición pretende mostrar como eran realmente, como vivÃan, os seus gustos, as súas afeccións, que eran comúns ás mulleres burguesas da época, o que chama a atención é que iso se produciu nunha cidade como Pontevedra", explican as comisarias.