O Salón Teatro de Santiago estrea un sistema inclusivo

Estará dispoñible para todos os espectáculos

24/2/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
32 lecturas | Compartido 0 veces

A montaxe A peste inspirada na obra de Albert Camus xa é a primeira do Salón Teatro que inclúe un innovador sistema inclusivo destinado a facilitar a experiencia teatral a persoas con discapacidades auditivas ou visuais. Trátase de un sistema de "teatro inclusivo" que permite dispoñer nas funcións de interpretación en lingua de signos, subtítulos e audiodescrición. O sistema actual permite axustar en directo os contidos, adaptándoos ao tempo da representación. Ata agora, estes sistemas inclusivos ofrecíanse só en funcións puntuais. Os espectadores poden ler a interpretación en lingua de signos proxectada nas columnas laterais do escenario, subtítulos para dispositivos móbiles ou recoller uns receptores individuais que conteñen autodescricións. "O Salón Teatro convértese no único que ofrece sesións 100% adaptadas", sinalan desde AGADIC. O sistema foi deseñado polo técnico do CDG Guillerme Vázquez e recibiu o galardón ao proxecto coa temática máis innovadora nos III Premiso Empregados públicos innovadores da Axencia Galega de Innovación.

Universo culturagalega.gal

19/10/2011

Polos pelos

Talía teatro ironiza sobre os abusos que sofre o galego en Pelos na lingua

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Albert Camus, Axencia Galega das Industrias Culturais...