
Desde o 'showroom' da empresa Cafés Candelas en Lugo deuse hoxe lectura ao listado de finalistas das diferentes categorías dos XX premios Mestre Mateo do Audiovisual que organiza cada ano a Academia Galega do Audiovisual (AGA). Alí, nun acto retransmitido a través de Instagram pola academia, reuníronse Alba Mancebo, Esther Estévez, María Costas, Luís Iglesia e Beatriz Serén para ir dando lectura a cada un dos sobres que contiñan os nomes finalistas. Xa na primeira lectura, a do Mellor actor de Reparto, saíron os nomes das tres producións que máis se irían repetindo ao longo do acto: 'Cuñados' (Manuel Cortés); Malencolía (Diego Anido e Ricardo de Barreiro) e 'Jacinto' (Juanma Buiturón). A longametraxe estreada con notable éxito comercial, 'Cuñados' acada así unha posición de favorita este ano, en boa medida grazas ao seu traballo actoral con seis intérpretes finalistas. A película de Alfonso Zarauza tamén pode presumir de ter sacado boas interpretacións pois das súas 11 candidaturas cinco corresponden ao traballo de actores e actrices. E si 'Cuñados' responde ao xénero da comedia e 'Malencolía' ao do terror, entrambas emerxe tamén destacada este ano 'Jacinto' a ópera prima de Javi Camiño, unha comedia negra de terror rural protagonizada por Pedro Brandariz, quen tamén acada unha candidatura finalista como mellor actor protagonista a competir cos tres actores de 'Cuñados', Federico Pérez, Miguel de Lira e Xosé A. Touriñán.
Outras obras completan o escaparate de produción deste pasado ano, no audiovisual galego e tamén están presentes nestes premios. É o caso das longametraxes 'Eles transportan a morte' ou 'Tres' e a serie 'Hierro'. A nova temporada desta produción acada ata 8 candidaturas, mentres que as dúas longametraxes foron capaces de convencer aos membros da academia de merecer 6 galardóns cada unha. Algúns dos nomes máis presentes no pasado ano e mesmo neste tamén saíron nesta comunicación de finalistas. Foi o caso das Tanxugueiras, cuxo videoclip da canción 'Figa' (Trece Amarillo e PlayPlan) resultou finalista na devandita categoría de produtos musicais, xunto a outros de Triángulo de Amor Bizarro, Grupo Antilia e Pablo Lesuit. Tamén apareceu o nome de Xela Arias, homenaxeada o pasado ano co Día das Letras Galegas, ao ser a serie documental 'XELA ARIAS. A PALABRA ESGAZADA' producida pola Real Academia Galega e Miramemira, S.L., unha das catro que optan ao premio na categoría de producións para web.
Unha gala diferente
A Gala de entrega de premios na que se coñecerá o palmarés dos XX Mestre Mateo terá lugar o sábado 19 de marzo no recinto de Expocoruña, un emprazamento diferente ao dos anteriores anos pre-pandemia, que se celebraba no Pazo da Ópera da mesma cidade ou no Palexco. O guionista Óscar Cruz, vocal da directiva da AGA actuando en representación da academia, adiantaba hoxe que a entrega dos premios virá chea de cambios e sorpresas. A celebración do vinte aniversario destes galardóns ten que ser, en palabras de Crus, "máis grande, e vaino ser". O membro da directiva adiantaba que o formato será de cea-gala, cos asistentes sentados en mesas ao estilo dos coñecidos Golden Globes e que se potenciarán as zonas de encontro, entrada e "photocalls" temáticos, na procura de recuperar o sentido de encontro da profesión tras unha edición anterior moi diferente. "Por fin volvemos", asegurou Óscar Cruz sobre a celebración senlleira deste vinte aniversario. Tamén aproveitou para presentar a nova imaxe gráfica e páxina web dos Premios Mestre Mateo e introducir un vído promocional sobre os galardóns e sobre o sector en Galicia, co lema "Vaia fauna!", que incide na "biodiversidade" dos profesionais diferentes que participan do "ecosistema" audiovisual nunha reivindicación das profesións e da canteira interxeracional que existe arestora.
FINALISTAS
MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO:
E LALÍN... SÓACHE? (Lucas Terceiro, Marga Pazos e Webcom Consultora de Comunicación e
RRPP).
LAS ESTRELLAS DEL CAMINO. MIRADAS DE RESISTENCIA (Kaito Estudios, Aupa e Estrella
Galicia)
REDES VIVAS (Metronoventa Creatividad e Producción Publicitaria).
XACOBEO, CAMIÑA A GALICIA (Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas, S.L.).
MELLOR CURTAMETRAXE:
A COMUÑÓN DA MIÑA PRIMA ANDREA (Brandán Cerviño Abeledo).
AUGAS ABISAIS (Rebordelos).
AURA (Abano Producións, S.L.).
FRACTURAS (Kraken Films).
MELLOR DOCUMENTAL:
A POETA ANALFABETA (Cósmica Producións).
A VIRXE ROXA (Recrea Films).
THE GREAT WAY (O GRAN CAMIÑO) (Meteórica Cine, Alba Prol Cid e Raúl García).
WELCOME TO MA MAISON (Gaitafilmes en coprodución con Mordisco Films).
MELLOR LONGAMETRAXE:
CUÑADOS (Portocabo para TVE, TVG e Movistar +).
JACINTO (Vizuals Lab).
MALENCOLÍA (Maruxiña Films Company e TVG).
TRES (Tres La Película Frida Nadir AIE, Frida Films, M-Films e Manny Films).
CATEGORÍA MELLOR PROGRAMA:
CINEPHILIA (Capítulos 69-112) (Noveolas Producciones e Telemiño).
CLAC (Capítulos 1-19) (CRTVG, S.A.).
COS PÉS NA TERRA (Capítulos 125-135) (Filmax -Produccións A Fonsagrada, S.L.).
DÍGOCHO EU (Capítulos 336-676) (CRTVG, S.A.).
MELLOR SERIE TV:
A LEI DE SANTOS (Cap. 8-14) (Voz Audiovisual SAU e CRTVG S.A.).
AUGA SECA (CAP. 1-8, tempada 2) (Portocabo TV SL en coprodución con SPI para RTP e TVG).
HIERRO (CAP. 1-6, tempada 2) (Movistar e Portocabo en colaboración con Arte France y
Atlantique Productions).
MÉTODO CRIMINAL (Cap. 1-20) (Voz Audiovisual SAU, CRTVG, S.A.).
CATEGORÍA MELLOR SERIE WEB:
CACOLA (CAPS. 1-5) (David Fidalgo Omil, Carballo Interplay).
DELICIAS AMARGAS (CAP. 1-4) (Kraken Films).
MATARÍA MICROSERIE (CAP. 41-49) (Dinamo Producións e Javi Sega Producciones).
XELA ARIAS. A PALABRA ESGAZADA (CAP. 1-6) (Real Academia Galega e Miramemira, S.L.).
MELLOR VIDEOCLIP:
EL VOLCÁN, Pablo Lesuit (Luis Santaolalla Vidal).
FIGA, Tanxungueiras (Trece Amarillo e PlayPlan).
FUKUSHIMA, Triángulo de Amor Bizarro (Toño Chouza).
VOUCHO CONTAR ASÍ, Grupo Antilia (Cumac Producións).
MELLOR COMUNICADOR/A:
ESTHER ESTÉVEZ CASADO (Dígocho eu-apuntamento lusófono, Caps 1-20).
PACO LODEIRO (Atrápame se podes, Caps.1-114).
RODRIGO VÁZQUEZ RODRÍGUEZ (Quen anda aí?, Caps. 177-370).
SIMONE SAIBENE (Cinephilia, Caps. 69-112).
CATEGORÍA MELLOR DIRECCIÓN:
ALFONSO ZARAUZA (Malencolía).
JAVI CAMINO (Jacinto).
JORGE COIRA (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
TOÑO LÓPEZ (Cuñados).
MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE:
ANDREA POZO (Cuñados).
ANTONIO PEREIRA (Tres).
SAMUEL LEMA (Jacinto).
SILVIA NAVARRO (Eles transportan a morte).
MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA:
ALBERTE BRANCO (AEC) (Malencolía).
JAIME PÉREZ (Cuñados).
JOSÉ ALAYÓN (Eles transportan a morte).
LUCÍA C. PAN (¿Qué hicimos mal?).
MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN:
ANA MÍGUEZ (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
ANA MÍGUEZ, JAVI LOPA (Cuñados).
BELI MARTÍNEZ, MARINA ALBERTI (Eles transportan a morte).
MIRIAM DEVESA (Tres).
XABIER EIRÍS (Jacinto).
MELLOR GUIÓN:
ARACELI GONDA (Cuñados).
JAVI CAMINO (Jacinto).
JUANJO GIMÉNEZ, PERE ALTIMIRA (Tres).
PERE COIRA, FRAN ARAÚJO, ARACELI GONDA, LIDIA FRAGA, ELIGIO R. MONTERO (Hierro,
Caps. 1-6 da tempada 2).
MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO:
EVA FERNÁNDEZ (Cuñados).
IOLANDA MUIÑOS (Malencolía).
LEDICIA SOLA (Malencolía).
MARÍA VÁZQUEZ (Cuñados).
MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA:
MARTA LARRALDE (Olvido y León).
MARTA NIETO (Tres).
MELANIA CRUZ (Malencolía).
SABELA ARÁN (Método criminal, caps. 1-20).
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO:
DIEGO ANIDO (Malencolía).
JUANMA BUITURÓN (Jacinto).
MANUEL CORTÉS (Cuñados).
RICARDO DE BARREIRO (Malencolía).
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA:
FEDERICO PÉREZ (Cuñados).
MIGUEL DE LIRA (Cuñados).
PEDRO BRANDARIZ (Jacinto).
XOSÉ A. TOURIÑÁN (Cuñados).
MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA:
CHICHA BLANCO (Cuñados)
ERIKA GARCÍA LUQUE (Eles transportan a morte).
LORENA CALVO (Jacinto).
PATRICIA FIDALGO, RAQUEL VILELA (Malencolía).
MELLOR MONTAXE:
ANDRÉS GOTEIRA (Welcome to ma maison).
JAVI CAMINO (Jacinto).
JORGE COIRA, GASPAR BROULLÓN, JUAN GALIÑANES (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
LU RODRÍGUEZ (Cuñados).
MARCOS NINE (A Virxe Roxa).
MELLOR MÚSICA ORIXINAL:
CAMILO SANABRIA (Eles transportan a morte).
ELBA FERNÁNDEZ, XAVI FONT (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
SANTI JUL, IVÁN LAXE (Cuñados).
SVALI, WENCES LAMAS (Jacinto).
MELLOR REALIZACIÓN:
GERARDO RODRÍGUEZ (Malicia Noticias, caps. 173-312).
JAIRO IGLESIAS (Origen, Caps 1-4).
JOSÉ VILLAVERDE (Land Rober Tunai Show, Caps. 221-250).
MARCOS ESTEBO, DIEGO GUERRERO (Cos Pés Na Terra, Caps. 125-135).
MELLOR SON:
ALFONSO COUCEIRO, SANTI JUL, IVÁN LAXE (Cuñados).
DANIEL FONTRODONA, ORIOL TARRAGÓ, MARC BECH, MARC ORTS (Tres).
JAVIER PATO, DAVID MACHADO (Malencolía).
JUAN GAY, DIEGO STAUB (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
MELLOR VESTIARIO:
ALICIA DAPENA, LOLA DAPENA (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
ATRI GUTIÉRREZ, MAIKA NOVO (Eles transportan a norte).
LORENA CALVO (Jacinto).
RENATA UZAL (Malencolía).