Unha banda sonora para o Día da Clase Obreira Galega

Estrease a peza 'Ferrol 1972' coa que Juan Durán rememora a épica xornada

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaSociedade
Compartir:
Juan Durán                : Foto: juanduran.gal

Juan Durán : Foto: juanduran.gal

A conmemoración do 50 aniversario da xornada de protestas obreiras no Ferrol que rematou coa morte de dous traballadores de Bazán, o 10 de marzo de 1972, terá este ano unha achega musical. O Auditorio de Ferrol acollerá o 12 de febreiro a estrea da peza musical 'Ferrol 1972' dedicada a aqueles feitos e composta para a ocasión polo músico vigués Juan Durán. A peza será interpretada polo quinteto de metais Hércules Brass acompañados por Gabriel López Rodríguez ao piano e Miguel Castro Pérez, Jorge Juan Deaño Núñez e María Isabel Diego Calviño na percusión. O compositor cedeu os dereitos desta obra de 10 minutos á asociación Fuco Buxan, da que partiu o encargo desta conmemoración musical e a propia asociación pona a obra a disposición da clase obreira e dos sindicatos de clase. 'Ferrol 1972' busca, segundo declaración de Juan Durán para o xornal Praza, "debuxar a banda sonora" dun momento importante na loita polos deritor dos traballadores e que deu lugar á celebración anual, cada 10 de marzo, do Día da Clase Obreira Galega.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Juan Durán, Morte

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares