O pasado 16 de xaneiro o Teatro Principal de Santiago acollÃa a presentación das seis curtametraxes do proxecto Agromantes. Gromos audiovisuais desde a psicodiversidade. Esta proposta coordinada pola cineasta Cora Peña pretende achegar en primeira persoa a experiencia de xente que enfronta problemas de saúde mental, sexa con producións desenvolvidas por elas mesmas ou co apoio da propia Peña.
A iniciativa naceu no marco do Grupo de Apoio Mutuo de persoas psiquiatrizadas de Compostela, e integra un laboratorio de cinema e outro de creación escénica contemporánea da man de Camila Vecco. O proxecto, que contou co apoio da ConcellarÃa de Cultura de Santiago de Compostela, ten na rede varias das pezas publicadas.
RosalÃa, Manuel, Paula, Patricia e Fran protagonizan estas pezas nas que abordan a súa intimidade e falan de cuestións como o sufrimento psÃquico, as dificultades da vida cotiá, a relación coa familia ou os efectos do tratamento farmacolóxico, desde enfoques documentais ou con elementos de ficción. A canle de Youtube do proxecto achega varias das curtas que se desenvolveron no marco deste laboratorio.