As curtametraxes son os contos do audiovisual. Son para o cine o equivalente aos relatos para a literatura. Hai quen pensa que son pequenas probetas, ensaios de laboratorio para aspirar a facer unha pelÃcula. Non hai canle de distribución, non hai mercado, e poden chegar a ser bastante caras. Sen embargo, facer curtas non é unha moda, é outra forma de entender o audiovisual.
“Nin de broma se pode vivir das curtametraxes. Quen fai curtas, fainas consciente de que o que vai a facer é perder cartos. A lóxica é que cantas máis subvencións consigas menos cartos perdes, pero cartos sempre vas perder. Teus, dos teus amigos, dos teus familiares... pero cartos a fin e ao cabo”. Son as declaracións de Alex Sampayo, un realizador novel lalinense que realizou un par de curtas entre as que destaca “Alzheimer” (2000), coa que gañou unha ducia de premios. E son, pola súa vez, un bo indicador de como está o ánimo dentro de quen se inicia no traballo do cine. Pasa que no sector do audiovisual, as curtametraxes non teñen mercado. As pelÃculas producen gran cantidade de cartos, teñen un circuÃto de exhibición e de distribución estipulado, e para a publicidade exactamente o mesmo. Pero ¿que pasa coas curtas?
¿Oenegés?
Non exactamente. Alex apunta os motivos polos que aÃnda perdendo cartos un se arrisca por facer unha curta.“Falo porque ao final o teu proxecto e ilusión é facer algún dÃa unha longametraxe, unha tv-movie ou algo semellante. O paso primeiro de calquera director de longas son as curtametraxes e eu creo que hai moi pouquiños casos de determinados fillos de papá que saltan á longa de repente e que, afortunadamente non repiten”. Non é o único que pensa asÃ, Carlos Alberto Alonso, realizador de “As Muxicas”, curta gañadora tamén de numerosos premios e accésits cre que “para xente que vimos de familias humildes a curtametraxe é a forma de demostrar que podemos dar cartos facendo longametraxes”.
AÃnda que as conclusións e os resultados aos que chegaron Alex e Carlos Alberto co seu aÃnda incipiente e prometedor traballo no mundo do audiovisual son os mesmos, os camiños que seguiron foron diferentes. O de Carlos Alberto con “As muxicas” foi a demostración da constancia e do tesón cun proxecto. Desde que a curta foi unha idea ata que se materializou pasaron 5 anos de loita, traballo e de esforzo persoal. Unha vez rematada a curta “montei pola miña conta unha páxina web nun buscador gratuÃto, ata que superei as tres mil visitas entre medios de comunicación, curiosos, amigos e tiven que pagar por manter o sitio web e, por outra banda, tamén desde internet envÃo as novas e teño a todo o mundo informado. Se eu non fago iso ‘As MuxicasÂ’ pasa desapercibida para os medios de comunicación”.
Alex é moito máis optimista cando fala de mover o seu traballo: “realmente é bastante doado, se tes unha curta medianamente en condicións e dedicas un par de horas á semana en buscar por internet festivais, atópaste con que hai moitos”. En todo o territorio español pode haber duns setenta a cen festivais, dos cales “Alzheimer” foi admitido nuns trinta. O truco para Alex, como para Carlos Alberto é ser constante e que non se che pase ningún.
Buscando saÃdas
Pero levar as obras aos certames non é para gañar premios, senón para que se vexan os traballos feitos, porque o principal problema que teñen as curtametraxes en Galicia (e non só aquà senón en todo o audiovisual español) é a inexistencia dunha canle de distribución e dun mercado que non sexan os dos propios festivais. Algo para que o acabado de nacer Consorcio Audiovisual de Galicia xa avanzou algúns pasos. Chámase “Curtas 03” e é un plan de promoción e difusión das curtametraxes públicas realizadas en Galicia que consiste na inclusión en dous tipos de catálogos –un destinado á promoción dentro de Galicia e outro, multilingüe, para o exterior– e nun programa de pases dentro do territorio da comunidade autónoma.
Pero o programa é basicamente para promoción o que quere dicir que aÃnda hai moitas portas pechadas para este xénero menor. Carlos Alberto recorda que “en Barcelona hai salas de cine dedicadas unicamente a curtametraxes, hai programas de televisión... e teñen un espacio do mesmo xeito que o ten o anuncio publicitario ou a longametraxe”. Pola súa parte, Alex considera que hai que atallar o problema desde a base e “primeiro ten que haber concienciación de público e, en segundo lugar, está moi ben que haxa axudas á promoción de curtametraxes, pero, a propia institución que apoia o proxecto, deberÃate apoiar tamén para ensinalo”.
A curtametraxe non é un sector de negocio economicamente rendible, e moitos dos seus atrancos pasan por este punto. Ata que non se equipare á situación das longas ou aos anuncios publicitarios, as curtas seguirán sendo esa probeta de laboratorio na que os novos realizadores poñen as súas ilusións e a súa capacidade ata daren o salto que lles permita vivir, ou polo menos sobrevivir, do mundo do cine.