O VI ciclo A_NEXOS reflexiona sobre ás confluencias entre música e arte contemporánea

Este sábado terá lugar na Fundación Luis Seoane a primeira xornada

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaArte
Compartir:
O VI ciclo A_NEXOS reflexiona sobre ás confluencias entre música e arte contemporánea

A xornada 'DRAMATURXIAS VISUAIS NA ÓPERA CONTEMPORÁNEA' inicia este sábado o ciclo A_NEXOS, unha proposta da Asociación Cultural AÏS dirixida e coordinada polo compositor Hugo Gómez-Chao en torno ás confluencias entre música e arte contemporánea. A xornada, que terá lugar na Fundación Luis Seoane ás 19:00 horas , será unha cita a cabalo entre a conferencia e o concerto, na que as reflexións virán acompañadas de música en directo, e que contará coa experiencia e profesionalidade de dúas grandes mulleres: a musicóloga Rosa María Fernández e a soprano Adriana Aranda. A sexta edición deste ciclo celebrará un segundo encontro neste mes de xaneiro, tamén na Fundación Luis Seoane, dentro do mesmo epígrafe sobre a ópera contemporánea.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Mulleres

Claves

Conceptos