A saga literaria Dragal dá o salto á realidade aumentada

Un concurso levará a equipos por todo o país na procura de pistas para controlar o último dragón

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Un personaxe do Dragal Challenge

Un personaxe do Dragal Challenge

Dragal Challenge é o título do concurso que leva á realidade aumentada o universo fantasía creado por Elena Gallego Abad no que supón unha adaptación inédita na literatura galega. O proxecto desenvólvese no marco da plataforma de vídeo baixo demanda PetisGO! que desenvolveron R, cinfo, Sixtema, Xoia e Ficción Producciones con apoio de fondos europeos FEDER.

O certame chama á participación de equipos compostos por unha persoa adulta e catro crianzas de entre 6 e 16 anos que deberán percorrer Galicia na procura de pistas e a resolver probas, con axuda de sistemas de realidade aumentada para atopar ovos de dragón esparexidos por toda a xeografía. Ademais, deberán agochar estes elementos para dificultar a procura dos seus rivais, todo co obxectivo final de controlar o último dragón.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O universo do dragón

Ficción cumpre dez anos presentando un proxecto multiplataforma sobre Dagral

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Elena Gallego Abad, Literatura, Feder, Ficción Producciones...