Falece prematuramente o músico ourensán Jaime Mateo

Era integrante de Os Amigos dos Músicos e O Sonoro Maxín

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaNecrolóxicas
Compartir:
Retrato de Jaime Mateo no seu proxecto Khaimi

Retrato de Jaime Mateo no seu proxecto Khaimi

Con 41 anos morría este domingo en Ourense, vítima dun infarto, o músico Jaime Mateo. O seu falecemento inesperado causou sorpresa e dor no mundo da cultura de Ourense e entre a tribo musical galega. Mateo formaba parte do coñecido grupo Os Amigos dos Músicos, onde era vocalista e batería, ademais de na banda O Sonoro Maxín. Activo integrante do tecido cultural da súa cidade tomou parte tamén en outros proxectos musicais como colaborador (MounQup, Las Cruzes, Druso, etc.) ou en proxectos propios como Khaimi, ademais de manter un espazo radiofónico e sesións de Dj. O xornal La Región sinalouno no seu obituario coma un "referente para a cultura ourensá". Nas redes xa foron varios os músicos que deitaron a súa tristura polo pasamento, coma Guadi Galego ou Marcos Maril, entre outros.

Que che parece esta nova?
127 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sonoro Maxín, Ourense, Guadi Galego, Mounqup...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares