Os Resentidos voltan cun único concerto

Será o 12 de maio en Ourense e participarán O Sonoro Maxín e Novedades Carminha entre outros convidados

31/1/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Imaxe de A tribo toda baila

A tribo toda baila é o título co que Os Resentidos, o coñecido grupo vigués dos oitenta capitaneado por Antón Reixa, volta aos escenarios. Cando se fan trinta anos da súa formación, e logo de 18 sen se xuntar, o conxunto prepara un concerto para o vindeiro 12 de maio en Expourense. O Sonoro Maxín e Novidades Carmiña serán o encargados de abrir o espectáculo, no que participarán abondosos convidados aínda por desvelar. As entradas están xa á venda por seis euros máis gastos de distribución. Prevese que moitos dos participantes no evento colaboren tamén no disco de homenaxe que se publicará este mesmo ano.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sonoro Maxín, Ourense, Novedades Carminha, Antón Reixa...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares