Nove espazos do barrio da Magdalena, en Ferrol, acollen deste este martes 14 e ata o vindeiro 19 de decembro a quinta xeira de Fóra do Mapa. O festival centrado en propostas de microteatro retorna logo da pausa de 2020 e achega once pezas, unha performance e un obradoiro a cargo de Andrés Lima a lugares non convencionais para este tipo de propostas.
O Mercado da Magdalena, o antigo hospicio, a sede do Coro Toxos e Froles, o Casino ou o colexio Tirso de Molina fan parte da xeografÃa do evento, canda a espazos como o Teatro Jofre ou Centro Torrente Ballester. O programa reúne unha ampla presenza de propostas galegas caracterizadas pola súa brevidade, con pezas creadas especificamente para a ocasión como as de Mabel Rivera, que levará a escena GPS e Helena Varela, que representará A partida.
A elas súmase Luma Gómez, que achega Polo de Franco, Nuria Vil e Morlitam o seu Imaxinábaa mentres Déborah Vukusic propón Guerra dentidade. Rubén DarÃo, Carolina Garel, La sombra del oso, Fran Nogueira y Lidia Veiga, El mono habitado, El pollo campero e a compañÃa CompañÃa Impà s completan a listaxe de propostas.
O evento que dirixe Cristina Moreira ten "as artes escénicas como eixo estrutural para outorgar ás persoas vivenzas conxuntas, reflexión e moita beleza. Pretende asà mesmo alimentar as inquedanzas da xente que demanda cultura variada e activa, en continua evolución, posto que o contempo¬ráneo é o sinal de identidade deste festival", segundo explica a presentación desta xeira.