Unha aplicación para teléfono móbil que achega contidos literarios novos cada semana cun pago por subscrición anual. Esta é a proposta que o xornalista, crÃtico e escritor Camilo Franco realiza en Piso Franco, o seu último proxecto no campo das letras.
A aplicación recolle de partida unha selección de relatos equivalente a un libro, e coa subscrición cada persoa usuaria recibirá dous textos novos cada semana que se incorporarán aos dispoñibles. Segundo adianta o autor, "o contido maioritariamente será literario, aÃnda que tamén haberá crÃtica, reporteirismo teórico e opinión máis ou menos decorada con realidades ou viceversa, realidade máis ou menos decorada con opinión".
O proxecto é accesible nas tendas de aplicacións de Apple e Android, cun prezo de lanzamento de 9,99 euros por ano ata o 15 de xaneiro. A partir de entón o prezo da subscrición será de 14,99 euros anuais. Todos os contidos están dispoñibles en galego, portugués, inglés e castelán. Unha cuarta parte dos contidos estará dispoñible en aberto a través da aplicación.
Camilo Franco presenta a iniciativa como " a nova versión do libro de peto" e sostén que é "a maneira na que hoxe un autor pode ter unha relación directa e máis ou menos simple cos lectores ao mesmo tempo que establecer unha relación comercial de tipo livián ". O autor desenvolverá a través da rede un intenso contacto co seu público lector. "Cada semana vai haber unha especie de convocatoria sobre que espera o lector que suceda", asegura.