… e o primeiro videoclip da narrativa galega

Camilo Franco e Magín Blanco unen na Casa das Crechas música e literatura

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Magín Blanco e Camilo Franco. Fotograma do vídeo.

Magín Blanco e Camilo Franco. Fotograma do vídeo.

Hoxe remata na Casa das Crechas o espectáculo do xornalista Camilo Franco e o músico Magín Blanco inspirado no libro do primeiro, Palabras Contadas. Relatos, cancións e improvisacións diferentes para unha proposta nova que este dúo conclúe hoxe. Será cun especial sobre Por conto Alleo, o primeiro experimento de literatura colaborativa na rede en Galicia que desenvolveron a través de Vieiros (no que o público enviaba palabras coas que Franco elaboraba un relato) e que cumpre este ano o seu décimo aniversario. Ademais, no marco desta iniciativa Camilo Franco e Antón Reixa presentaron Amor e fluídos, o primeiro videoclip da narrativa galega que fixeron a partir do libro homónimo do xornalista.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Magín Blanco, Literatura, Casa das Crechas...