O escultor compostelán Camilo Otero faleceu onte aos setenta e un anos de idade

Falece Camilo Otero

| Santiago. REdacción | Seccións: Arte
Compartir:
Camilo Otero, un dos representantes máis universais da escultura galega dos últimos trinta anos, faleceu durante a noite do martes víctima dunha longa enfermidade que o levara a pasar ingresado os últimos meses no Hospital Provincial. Na súa carreira obtivera premios coma o Bourdelle, o Tapisserie ou a Marianne da República Francesa. Pasou longos anos da súa vida en París ata que a mediados dos noventa decidiu voltar a Compostela. A cremación do corpo desenvolveuse onte e para o día un setembro celebrarase un funeral na igrexa parroquial de Calo.

Máis información en El Correo Gallego e en Galicia Hoxe que tamén inclúe unha nota necrolóxica, por Albino Mallo

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Albino Mallo, República, Galicia Hoxe, El Correo Gallego...

Claves

Protagonistas
Conceptos