As seis vacantes con que contaba a Real Academia Galega de Belas Artes están xa cubertas. A sesión do sábado 27 de novembro da entidade acordou nomear os seus novos membros "co ánimo dunha maior representatividade en todos os ámbitos en relación coa creatividade, a investigación ou a divulgación do Patrimonio Cultural de Galicia". Logo da votación da entidade, resultaron escolleitas como novos membros de número a pintora Mónica Alonso, a escultora Pamen Pereira e a catedrática de Historia da Arte da USC Ana Goy Diz, que pasará a formar parte da sección de Expertos nas Artes.
Os outros tres membros escolleitos foron o arqueólogo municipal del Concello de Ourense José MarÃa Eguileta Franco, que ata o momento era membro correspondente, o arquitecto Felipe Peña Pereda e o deseñador Roberto Verino, que cubrirá a praza vacante da Sección de Artes da Imaxe.
No mesmo dÃa da elección, a entidade perdÃa un dos seus académicos correspondentes ao falecer José Torres Casal. Casal desempeñara un importante papel na xestión da entidade e participara tamén do Museo de Belas Artes da Coruña e da Asociación de Artistas da mesma cidade.