Os grandes museos manteñen os seus niveis de visitas mentres continúa o debate sobre as cifras de ocupación hostaleira

Turismo, museos e a danza das cifras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Mentres continúa a discusión entre o Goberno e a oposición sobre as cifras reais do turismo, La Voz de Galicia apunta hoxe que as visitas aos grandes museos coma o Centro Galego de Arte Contemporánea ou o Museo do Pobo Galego mantivéronse nas mesmas cifras que o pasado ano. Pola súa banda, o BNG denunciou onte no parlamento as acusadas diferencias entre os datos de ocupación hostaleira que manexa a Xunta e os que achegan os institutos de estatística galego (IGE) e español (INE). Deste xeito, mentres o goberno situou esta cifra nun 67% das prazas, o IGE deixábaa nun 42% e o INE nun 39%.

Máis información en La Voz de Galicia sobre as visitas aos museos e en El Correo Gallego sobre a guerra de cifras

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Turismo, INE, IGE...