Un volume recupera os derradeiros poemas de Xohana Torres

Engaiolarte presenta Últimas tardes con Xohana co apoio da Deputación da Coruña

23/11/2021 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
1 lecturas | Compartido 0 veces

No que sería o seu último ano de vida, 2017, Xohana Torres emprendeu un proxecto literario. A poeta quería elaborar un libro con doce poemas que elaboraría ao longo de cadanseu mes e que foi entregando ao seu editor, Xosé F. Puga. A morte sorprendeuna antes de dar rematado o proxecto e quedou só en seis pezas.
Agora, a editorial Engaiolarte presenta Últimas tardes con Xohana, a obra que compila estes textos a manter o título proposto pola autora. Os seis poemas acompáñanse se reproducións dos manuscritos orixinais e achégase ademais o rascuño dun sétimo inacabado.

A publicación, que conta co apoio da Deputación da Coruña, deuse a coñecer ao público o pasado sábado 20 en Nigrán no transcurso dun acto de homenaxe a Torres. O acto marcou o comezo dunha xira de presentacións que continuou por Compostela este luns 22 e segue con Ferrol o día 24 e na sede da Real Academia Galega na Coruña o 9 de decembro.

Universo culturagalega.gal

Contextos