A Dirección Xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación, dependente do Ministerio de Cultura recoñece mañá, xoves 11 de novembro, á feira Culturagal coma un os tres proxectos seleccionados gañadores o pasado ano na liña de axuda á Acción e Promoción Cultural. De Culturgal, destacan desde o Ministerio de Cultura que "non é unha feira ao uso. A actividade profesional compleméntase cunha extensa programación cultural e o recinto de postos de venda e exposición convértese nun escaparate privilexiado no que a sociedade galega pode coñecer directamente as últimas novidades editoriais, musicais, escénicas, audiovisuais, deseño e arte contemporánea, etc". O galardón recoñece o traballo realizado en 2020 para adaptar a programación de Culturgal á situación de crise sanitaria.
A Feira que se desenvolve no Pazo da Cultura de Pontevedra comparte este podio coa capacitación no mundo da animación -investigación levada a cabo pola Federación Española de Asociaciones de Productoras de Animación-, e as Xornadas Internacionais de Patrimonio Industrial, celebradas en Xixón, comparten con Culturgal a escolla ministerial. O auditorio do Espacio Fundación Telefónica de Madrid acolle a xornada de presentación dos proxectos na que participará en representación de Culturgal, o seu presidente VÃctor López. A xornada do dÃa 11 pode seguirse vÃa streaming na web espacio.fundaciontelefonica.com co hashtag #MejoresProyectosICC2020. Culturgal celébrase en 2021 co lema "A cultura que toca" e está organizada pola asociación do mesmo nome da que forman parte Escena Galega, Agapi, Asociación Galega de Editoras, AGEM e Eganet. Conta co apoio da Xunta de Galicia a través de Agadic, do Concello de Pontevedra, da Deputación de Pontevedra, do Ministerio de Cultura e Deporte e da Deputación da Coruña. A organización ven de anunciar o peche da venda de espazo feiral tras esgotarse os stands dispoñibles e comezará a difundir a programación 2021 a partir desta mesma semana.