Como é tradicional, o crítico da Radio Galega Moncho Lemos, fainos unha selección de dez filmes imprescindibles desta edición de Cineuropa, que se inaugurou o pasado luns. Desta volta, o festival ofrecerá filmes ata o 24 de novembro co máis destacado do cinema internacional. Ao final das recomendacións ofrecemos unha ligazón ao programa oficial para buscar as datas.
TODO FOI BEN, de Françoise Ozon
Esta é a película que levou o debate da eutanasia ao festival de Cannes; o filme que provocou no certame as mesmas discusións que no seu momento provocara en Galicia e España Mar adentro, de Alejandro Amenábar. Dúas irmás e un pai moribundo. Despois dun infarto cerebral unha das irmás terá que facer fronte ao dilema ético e moral dun pai que lle solicita a eutanasia. A valentía de ter que decidir sobre a vida dun ser querido que sofre. Unha película elegante para un tema espiñento. Personaxes que sofren e que afrontan con enorme dignidade una situación na que as emocións están a flor de pel. O cineasta galo aborda o tema da eutanasia sen intencións políticas nuns momentos nos que unha das grandes iconas do mundo cultural francés, Francoise Hardy comentara publicamente o desexo de morrer cando o cancro que padece fora irreversible.
BENEDICTION, de Terence Davies
Terence Davies é un cineasta caracterizado por un descompensado desequilibro entre a poesía e o colorismo. Benediction é a máis "british" de todas as películas que podemos ver este ano en Cineuropa. A historia dun protagonista que sobrevive a Primeira Guerra Mundial, na que foi condecorado. No seu regreso á vida civil converteuse nun poeta crítico co belicismo. Os seus versos era idolatrados polos aristócratas da época namentres trataba de aceptar a súa homosexualidade agochado na relixión e no matrimonio. Dúas horas de metraxe dunha película que se pode definir como as de antes". Unha dirección que coida a lingua de Shakespeare con aires teatrais, e onde os actores se divertiron viaxando nesta historia de virtudes ocultas e vicios inconfesables.
JOSEFINA, de Javier Marco
Primeira longametraxe de Javier Marco, un alacantino posuidor do mellor Goya de ficción e director de Uno, curta preseleccionada para os premios Oscar. Javier debuta na longametraxe cunha película a contracorrente das modas imperantes do cine español dos últimos anos. Non é un thriller. Non é una comedia. Emma Suárez e Roberto Álamo son dúas personaxes desvalidas entre a realidade e a maxia, que protagonizan unha historia ausente de recursos narrativos e suxerinte contención. A película remata cando o espectador comeza a considerar una fermosa dúbida.
VORTEX, de Gaspar Noé
O público da última edición do Festival de San Sebastián escolleu Vortex, de Gaspar Noé, como a mellor película na sección Zabaltegui. O director arxentino é o eterno provocador nos certames máis prestixiosos onde películas como Irreversible, Love, ou Climax nunca deixaron indiferente ao público. Sen perder a súa habitual habilidade para o debate, Noé trae a Cineuropa a súa película máis comercial con dúas personaxes solitarias que conviven nun piso no centro de París e afrontan a súa propia decadencia. Sen esperanzas. Sen facer concesións. Unha proposta de realismo extremo, da vida de cotío no que o guión é una descrición de secuencias. Os cinéfilos teñen aquí una chiscadela: por vez primeira vemos o debut como actor do cineasta Darío Argento, un dos nomes esenciais do cine de terror fantástico italiano.
UN HEROE, de Asghar Farhadi
Na vida as cousas non suceden case nunca como un ten previsto. Esta é a película para representar a Irán na carreira dos Oscar. Recordemos que Farhadi xa ten dúas estatuíñas á mellor película estranxeira. Nun mundo repleto de desencantados e infelices sempre é un balón de osíxeno ver unha película protagonizada por un heroe da vida cotiá que, a pesar de necesitar desesperadamente cartos, atopa un bolso con moedas de ouro e decide devolvelo. Unha metáfora para reflexionar como converternos cada un de nós en heroes para mudar o mundo. Pequenos xiros de guión que, sen explosións nin persecucións, logran manternos nas butacas do Teatro Principal nunha constante intriga baseada unicamente nas relacións entre os personaxes.
JACINTO, de Javi Camino
Non só de cinema contemplativo vive o cinema galego. O santiagués Javi Camino vén de rodar o primeiro folk-horror"da historia do audiovisual galego. Agora podemos ver a película que gañou o Festival de Cine Fantástico de A Coruña, recibiu un prestixioso galardón no Festival de Austin e recibir o Premio do Público en Sitges. A ópera prima deste novo realizador une maxistralmente unhas pinceladas de terror e unha boa dose de sentido de humor na ultimamente de moda Galicia profunda". Unha historia inspirada libremente en casos que ocuparon as mellores páxinas de sucesos: o crime de Puerto Hurraco ou o do holandés asasinado en Ourense nos montes comunais cun cadáver que tardou cinco anos en aparecer. Jacinto" é un exemplo perfecto de como se pode facer cine con poucos medios, pero con moitas ganas. Sen dubida é a película galega máis desacomplexada dos últimos anos.
ALGO SALVAJE. LA HISTORIA DE BAMBINO, de Paco Ortiz
Camarón de la Isla. Morente. Bambino. A última fronteira do flamenco. Bambino foi ídolo en bares de estrada, o Federico García Lorca das clases populares. Un intérprete desgarrado que elevou ao máis alto a visceralidade da canción popular. Desde a súa morte o mito pasou das casetes de gasolineira aos programas de radio. Algo salvaje, la historia de Bambino vai descubrir a moitos galegos alleos ao mundo do flamenco una personalidade que transcende ao propio xénero musical. Se non tivera existido Bambino serían impensables fenómenos como María Jiménez ou Pitingo. Cultura popular de artistas auténticos e unha voz que rachou co tópico sen renunciar ao alcol, as drogas e o sexo imprevisible.
MIS HERMANOS SUEÑAN DESPIERTOS, de Claudia Huaiquinilla
Nos últimos anos o cine norteamericano acadou grandes premios e premios nos prestixiosos festivais de cinema europeos. Na historia de Cineuropa o foco sempre estivo posto no máis interesante das cinematografias de Arxentina e Chile. Dende este último país chega Mis hermanos sueñan despiertos, que podería encaixar no subxénero das películas carcelarias adolescentes, pero en vez de caer nos tópicos, a directora ofrece un retrato realista da intimidade de dous irmáns que levan un ano nun centro de detención xuvenil. Dende a mítica Fuga de Alcatraz, é impensable unha película carcelaria que non esté marcada pola idea de fuxir. Desconfianza. Dúbidas. Pero sempre a necesidade de ser libres. A humanidade nuns mozos marxinados, o trato infernal dos gardas, o emprego das drogas Cine social con sensibilidade para facer visibles unhas vidas que non debemos esquecer.
O ACONTECEMENTO, de Audrey Dewane
León de Ouro á Mellor Película e Premio Fiprese no Festival de Venecia: con estas credenciais chega este filme a Cineuropa. A experiencia dunha universitaria que busca abortar na Francia de 1960, nunha época na que a interrupción voluntaria do embarazo era ilegal antes das 10 semanas de xestación. Un relato que nos leva ata unha historia de terror dunha muller que queda soa fronte a adversidade, nunha interpretación chea de credibilidade na que o desconcerto da muller salta ás butacas. Cun coidado envoltorio técnico, a película recrea con moito acerto a iconografía dos anos 60.
SILENT NIGHT, de Camille Griffin
Unha comedia negra sobre a fin do mundo. Uns amigos de toda a vida despedíndose do mundo nunha cea de Nadal. A traxedia contada a través do prisma do humor nun filme onde a montaxe é un elemento esencial para crear situacións traxicómicas e reflexionar sobre a relixión e a morte, pero sen transcendencia nin ínfulas. Diálogos moi divertidos e o humor como vía de escape de xente intelixente ante un desenlace inevitable. Unha película moi actual neste ano da pandemia que toma o pulso a todos eses temas de conversa que nos rodean dende que estivemos confinados. Trátase dun filme imprescindible avalado polos eloxios recibidos no pasado Festival de Cine Fantástico de Sitges. Risas, sorpresas e aires de comedia negra nun equilibrio constante entre a sorpresa e as bágoas. Por moito que queiramos finxir normalidade, cando estamos diante da última noite das nosas vidas calquera actitude, menos a tranquilidade, resulta crible.