As primeiras fotografías submarinas da Historia tiráronse en Vigo

Unha exposición amosará "proximamente" a colección

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
Foto: Henri Durand-Brager

Foto: Henri Durand-Brager

O xornalista Eduardo Rolland atopou en Gallica, a base de datos dixital da Biblioteca Nacional de Francia, un conxunto de fotografías de 1870 da campaña que dirixiu nesa data Hippolyte Mage para tentar recuperar os galeóns de Rande. Trátase das fotografías subacuáticas máis antigas do mundo, e retratan a campaña de prospección da ría viguesa dirixida por Hippolyte Magen. Nesa campaña botouse man de moitas innovacións e o uso da fotografía, para a que se contou co pintor Henri Durand-Brager. Segundo adianto o Faro de Vigo, o concello vigués prepara unha gran exposición "de gran formato" que se celebrará "proximamente". As fotos amosan aos buzos na campaña de busca e diversas imaxes dos traballos.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Eduardo Rolland, Eduardo Rolland, Faro de Vigo...