A administración ultima a campaña “Galicia Viva” para promocionar o turismo logo do Prestige

“Galicia viva”

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Logo da campaña internacional “Galicia Marks” chega “Galicia Viva”, a campaña nacional que tamén é froito dun convenio de colaboración entre Turespaña e Turgalicia, onde o Ministerio de Economía e o goberno galego van investir 6 millóns de euros. Unha campaña que se pon en marcha pola urxencia ante a chegada da Semana Santa aínda que non está completamente rematada debido, segundo Xesús Pérez Varela, á demora dos trámites administrativos nas adxudicacións. Ademais da campaña para promocionar o turismo, o Ministerio de Medio Ambiente acordou a apertura das Cíes ao turismo do 13 ao 20 pero con importantes restriccións.

Máis información sobre a campaña en El Ideal Gallego e sobre a apertura das Illas Cíes no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Prestige, Xesús Pérez Varela, Semana Santa...