Dentro das homenaxes que se lle tributaron a Ricardo Carballo Calero durante 2020 no marco da celebración do DÃa das Letras Galegas, quedara pendente a celebración da lectura continuada da súa novela Scórpio. A Associaçom Galega da LÃngua, que organizaba esta iniciativa, tivo que a adiar en dúas ocasión por mor da pandemia de Covid-19 e optara finalmente por unha versión en vÃdeo do evento antes as limitacións para as reunións presenciais. No entanto, neste 2021 retoma a iniciativa e convida a participar nesta homenaxe, que se celebra o 31 de outubro no compostelán Pazo de Fonseca.
Segundo sinala a asociación, a data coincide no dÃa seguinte ao 111 aniversario do nacemento do autor, e pretende dar continuidade á lectura en vÃdeo, que se proxectará no Salón Nobre da USC entre as 9 e as 12 horas da xornada. A continuación, no mesmo espazo, 250 participantes no evento sucederanse ata as 20:30 horas a ler cadanseu fragmento da obra. Tal e como estaba previsto nas anteriores convocatorias, as primeiras lecturas estarán a cargo da familia do autor e de autoridades polÃticas e académicas, como o reitor da USC Antonio López e o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica ValentÃn GarcÃa.
As persoas interesadas en participar poden se inscribir no web da homenaxe, e recibirán un exemplar numerado da edición limitada do Scórpio, con debuxos de cada un dos narradores realizados por Rosa de Cabanas para a ocasión. O evento desenvólvese en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago de Compostela e a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia.