A decimo novena Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2021 organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas celebrarase entre os dÃas 25 e 29 de outubro no Teatro Principal de Santiago. A programación deste ano inclúe unha ampla representación do mundo árabe, con pelÃculas de Palestina, Sudán, Marrocos e Europa. Proxectaranse cinco cintas –tres ficción e dous documentais– que se poderán ver nun pase único por dÃa ás 21:00 horas. Treas das proxeccións serán premieres en España e outra delas o será en Galicia. Asà as longametraxes documentais "Gods of Molenbeek ( Aatos ja Amine)" e "Lift like a girl" e a ficción "200 metros (200 METERS)" será a primeira vez que se vexan en territorio español e a ficción "You will die at 20 ( Satamoto Fel Eshreen)", será premiere en Galicia.