A sexta xeira do DÃa das Escritoras celébrase este 18 de outubro en todo o Estado coa intención de pór en valor o legado cultural das autoras literarias ao longo da historia. A celebración, posta en marcha pola Biblioteca Nacional de España en colaboración con Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias, e á Asociación Clásicas e Modernas, céntrase no noso paÃs nas bibliotecas públicas dependentes da Xunta de Galicia, que desenvolven programas especiais a coincidir coa data.
Un obradoiro de escritura en Pontevedra, o recital "Palabra de Muller" en Compostela, unha lectura de textos de diferentes autoras e unha exposición sobre Marie de Gournay na Coruña, exposicións bibliográficas e outras propostas fan parte do programa nestes centros por todo o paÃs. Na Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura, desenvólvese co gallo desta data un achegamento á obra literaria de Xohana Torres da man de Montse Pena e Dolores Vilavedra, e mais unha sesión do ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros coa escritora Andrea Maceiras como convidada.
Ademais, ao abeiro da celebración, a Fundación Neira Vilas realiza tamén unha homenaxe á súa impulsora Anisia Miranda a partir das 18:45 horas. Recitado de poemas inéditos e unha ofrenda floral no cemiterio parroquial de Gres iniciarán o programa, que inclúe tamén a lectura de fragmentos do seu libro Mitos e lendas da vella Grecia e unha actuación musical de integrantes da Banda de Música de Ponte Ledesma na sede da fundación.
Varias bibliotecas escolares do paÃs súmanse tamén á celebración con actividades propias ao abeiro o lema desta edición da efeméride "Ler as idades da vida". A autora Marifé Santiago Bolaños foi escolleita como comisaria da celebración este ano a nivel estatal.