O Consello da Cultura Galega (CCG) ven de presentar a edición fÃsica en libro de "O equilibrio dos extremos", o proxecto feito para a súa web institucional co gallo do DÃa Internacional da PoesÃa, o pasado 21 de marzo. Ao fÃo do nomeamento de Xela Arias como figura homenaxeada do DÃa das Letras 2021 o CCG convocaba a doce poetas novos a dialogar coas súas creacións inspiradas noutras anteriores da obra de Xela Arias. O libro, editado para a institución por Apiario, recolle estas achegas asinadas por Berta Dávila (Santiago, 1987), Ismael Ramos (Mazaricos, 1994), Alicia Fernández (Escairón, 1987), Gonzalo Hermo (Taragoña, 1987), Lois Alcayde Dans (A Coruña, 1997), Antón Blanco (Carril, 1996), Miriam Ferradáns (Beluso,1982), Arancha Nogueira (Ourense, 1984), Tamara Andrés (Combarro, 1992), RosalÃa Fernández Rial (Carballo, 1988), Oriana Méndez (Vigo, 1984) e Alba Cid (Ourense, 1989). En CulturaGalega.gal presentamos unha reportaxe sobre este proxecto na presentación do seu formato virtual.
O xeito de escoller os poemas cos que establecer ese diálogo foi completamente libre de acordo coas condicións establecidas pola institución, e dese xeito houbo tantas maneiras de escoller como autores convidados. As escollas son moi diversas e axudan a percorrer o legado poético da autora. Intempériome (Espiral Maior, 2003), poemario que acabou sendo o testamento literario involuntario de Xela Arias, é a obra que máis motiva a moitos destes novos creadores. Ademais de estar dispoñible agora no formato de libro, no site institucional do CCG figuran os poemas de Xela escollidos por estes doce poetas e as creacións novas, tanto por escrito coma nas súas voces, recitando tamén o poema de Xela Arias co que dialogan. Ademais, dentro deste 'Equilibrio dos extremos', dixital ofrécese unha videocreación da produtora Miramemira que fusiona o material e cobra unha nova dimensión. O resultado é unha peza audiovisual de seis minutos de duración que condensa a esencia desta ducia de creadores e creadoras a propósito dunha das voces máis renovadoras e vangardista da poesÃa galega como foi Xela Arias.