
Fran Pérez 'Narf' nunca tivo web propia, polo que a Deputación decidiu vincular unha páxina web ao que leva o seu nome, na que inclúe toda a información do concurso de grupos e artistas musicais xunto con cumprida información do artista, que reúne datos, imaxes e outros recursos que recompoñen a vida e obra deste creador nado en Silleda en 1968 e falecido en Santiago en 2016. A páxina web recolle o itinerario da súa traxectoria vital e artÃstica, cunha biografÃa e unha liña do tempo, ademais da súa discografÃa, os vÃdeos máis destacados da súa andaina e máis dun cento de imaxes que amosan as distintas etapas da súa vida. Ata a Pousada da Galiza Imaxinaria, espazo co que estivo moi relacionado o propio 'Narf' ao longo da súa traxectoria musical, tamén acudirán o deputado de Cultura, Xurxo Couto, e a concelleira de Cultura de Boiro, MarÃa Outeiral. A capacidade para o acto está limitada a 50 persoas e a reserva previa de entradas está dispoñible na páxina web municipal do Concello de Boiro.