
Noia repite blues
Algo máis abaixo na costa a vila de Noia repite por segundo ano como anfitrioa do Vilablues Festival, o evento que buscou novo porto tras o seu nacemento en VilagarcÃa de Arousa. Os tres primeiros dÃas de outubro a vila noiesa reunirá unha impresionante oferta especializada, pensada para atraer a coñecedores e espallar entre curiosos do xénero. Nesta ocasión o Vliablues ademais reforza o seu cartel con importantes nomes do xénero internacionais. O veterano artista xamaicano Roy Ellis encabeza esta edición xunto á impresionante Shirley Davis, acompañada de The Silverbacks. No cartel están tamén outros artistas da escena blues internacional coma J.P. Bimeni & The Black Belts, Tail Dragger, Shanna Waterstown sen desmerecer as achegas galegas como Adrián Costa, Blues do paÃs, Mallou, Espiño, Jay Doe & The Blues Preachers Feat. Figui ou El Combo Batanga. Un cartel para tres dÃas, que de ofrecer o mesmo nivel de organización que o pasado ano será unha das citas musicais galegas de outubro máis sonadas. Os abonos xa están á venda.