A Deputación de Pontevedra integra música e memoria histórica en Acorda

O Teatro Principal da Cidade do Lérez acolle a presentación do proxecto este 17 de setembro

O Teatro Principal da Cidade do Lérez acolle a presentación do proxecto este 17 de setembro
"Poñer en valor lugares e feitos de memoria na provincia a través da músicEmilio Rúa e Silvia Penide, Ugia Pedreira e Marina Oural, Sheila Patricia, Eladio Santos, Tanxugueiras, Ezetaerre e mais Uxía e Su Garrido interpretan os diferentes temas sonoros do proxecto, que percorre os espazos da "antiga Escola Normal e o edificio da Deputación de Pontevedra; o cemiterio da Estrada; o pozo da Revolta, en Marín; a praia de Massó, en Cangas; a praia de Alcabre, en Vigo; a Volta dos Nove, en Baiona; a Volta da Moura, símbolo da resistencia do Baixo Miño; e a illa de San Simón", segundo explica a Deputación.

Emilio Rúa e Silvia Penide, Ugia Pedreira e Marina Oural, Sheila Patricia, Eladio Santos, Tanxugueiras, Ezetaerre e mais Uxía e Su Garrido interpretan os diferentes temas sonoros do proxecto, que percorre os espazos da "antiga Escola Normal e o edificio da Deputación de Pontevedra; o cemiterio da Estrada; o pozo da Revolta, en Marín; a praia de Massó, en Cangas; a praia de Alcabre, en Vigo; a Volta dos Nove, en Baiona; a Volta da Moura, símbolo da resistencia do Baixo Miño; e a illa de San Simón", segundo explica a Deputación.



Canda a estes nomes, o proxecto conta coas interpretacións de Tero Rodríguez, Andrés Giráldez, Eduardo R. Cunha, Laura Pérez, Gonzalo Valcárcel, Sofía Núñez, Clara Iglesias, María Porto, Ana Facchini, María Diéguez e André Ces. O audiovisual incorpora tamén testemuñas a cargo de Queta Molas, Telmo Comesaña, Sheila Patricia, Eduardo R. Cunha "Tatán" e Blanca Francés.

A estrea complementarase cun coloquio co equipo da produción e cunha exposición de fotografías de Alba Días sobre o proxecto no vestíbulo do Arquivo provincial. A canle de Youtube da Deputación achega ademais os vídeos musicais dos temas que fan parte do proxecto.