A moda brasileira abre a 8ª edición da pasarela pontevedresa "Pontus veteris"

Made in Galicia

A cidade do Lérez toma o relevo deixado polas principais pasarelas españolas. Logo de Cibeles e do Salón Gaudí hoxe comeza "Pontus veteris", a que está considerada unha das citas da moda máis importantes de Galicia. Con oitos anos ás súas costa, Pontevedra acollerá esta noite os avances dos principais deseñadores galegos para a vindeira temporada de primavera-verán 2002.

Brasil de entrante


Por segundo ano consecutivo a Mostra de Moda do Brasil dará lugar ó inicio dunha das pasarelas máis coñecidas de Galicia. Organizada pola Cámara de Comercio de Pontevedra, "Pontus veteris" conta nesta edición coa participación de deseñadores de Sao Paulo que están interesados en introducir as súas creacións no mercado galego.
Ademais da roupa e das creacións téxtiles, nesta oitava edición da pasarela pontevedresa poderá apreciarse as tendencias da "moda praia", bisutería e, como principal novidade, unha colección de 200 modelos de calzado que completan o vestiario feminino da próxima primavera-verán 2002.












Firmas ben coñecidas


Logo do entrante das firmas brasileiras, chega o plato forte: as creacións da moda galega. Moitos nomes coñecidos deste evento, así como algunha cara nova presentan as súas propostas.
"Montoto", "Charoa" e "Toypes" presentan nos tecidos e na cor as principais apostas. Algodón, liño e sedas naturais en cores azul ultramar, cobre, camel e granate son algunhas das pautas que verán os espectadores que se acheguen esta noite ó Pazo de Congresos de Pontevedra ou desde as súas casas a través da Televisión de Galicia. A entrada ó Recinto Feiral é de balde e libre ata que se complete o aforo, que se incrementou en 150 prazas.








Oito anos de estabilidade

Oito anos xa pasaron desde que en outubro de 1997 Pontevedra acollese a primeira edición desta cita coa moda. Deste xeito viaña coller a estela deixada por Campus Stellae, a que foi a primeira iniciativa de desfilar moda galega.
Desde entón cada setembro, a cidade do Lérez sirve de escaparate da moda que a muller vestirá o vindeiro verán. Pola súa continuidade e o seu serio compromiso co sector téxtil de Galicia, "Pontus veteris" convertiuse, segundo o presidente da cámara de Comercio de Pontevedra, Manuel Durán Couto, "na cita da moda máis importante de Galicia".