O veterano director de cine Ignacio Vilar publicou coa editorial Galaxia o guión de Aura 1964, un proxecto de filme que verá á luz primeiro como libro editado. "Unha novidade sen precedentes, xa que esta é a primeira vez que se publica, no Estado Español, antes o guión do filme que a estrea en cines", asegura a nota de prensa da editorial, que recalca que a obra inaugura unha nova colección dedicada aos guións. Aura 1964 recibiu unha axuda do programa Creative Europe Media. Trátase dunha historia de iniciación protagonizada por un rapaz, durante o ano no que o réxime de Franco conmemorou os 25 anos de paz.