O vestÃbulo da Biblioteca de Galicia acolle a exposición Imago Sancti Iacobi: a iconografÃa xacobea na Biblioteca de Galicia, promovida pola Xunta de Galicia. A expiosición reúne 40 obras da colección da Biblioteca de Galicia nas que se amosa "a evolución dunha tradición iconográfica que contribuÃu enormemente a engrandecer o fenómeno xacobeo". Desde o séculos XII e XIII, a imaxe do Apóstolo foi transformándose conforme cambiaba a súa narrativa global, de apóstolo entronizado a peregrino ou como guerreiro a cabalo. A mostra inclúe outros sÃmbolos asociados ao fenómeno, como a cuncha, o báculo, a cabaza ou máis contemporáneas, como a famosa flecha amarela. A mostra poderase visitar durante os meses de setembro a novembro.