Faros para a música nos 'Concertos na fin do mundo'

Catro enclaves fareiros acollerán este ciclo de concertos do Xacobeo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Cabo Silleiro                   Foto: Turismo de Galicia

Cabo Silleiro Foto: Turismo de Galicia

Este venres o faro de Cabo Silleiro, en Baiona, será o escenario de comezo do ciclo 'Concertos na Fin do mundo', un proxecto que utiliza unha selección de faros da costa galega como elemento diferenciador e contexto para varias citas musicais. O ciclo conta coa colaboración da Fundación “la Caixa” no marco da programación do Xacobeo. O gaiteiro Anxo Lorenzo, Tanxugueiras, Dulce Pontes e Mikel Erentxun participan no cartel que terá como escenario os faros de Baiona, Muxía, Ribeira e Cervo. Xunto e eles actuará tamén a dj galega Russihha e grupos emerxentes do panorama musical galego. Os concertos serán o 21 e o 27 de agosto e o 3 e o 10 de setembro, para grupos reducidos que van de 100 as 250 persoas dependendo das características do faro e do nivel de ocupación dese escenario natural, tendo en conta os protocolos de seguridade e as normas sanitarias. A proposta, ademais, persegue valores de respecto coa contorna, de igualdade e de diversidade.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Baiona, Anxo Lorenzo, Igualdade...