A produtora e profesora Beli MartÃnez (A Guarda, 1980) será que reciba por vez primeira o premio Chano Piñeiro, creado para a vindeira edición do Ourense Film Festival (OUFF). Beli MartÃnez é responsable, dende Filmika Galaika, de longametraxes coma Longa Noite, de Eloy Enciso, galardoado no prestixioso Festival de Locarno; Those that, at a distance, resemble another, de Jessica Sarah Rinland ou Arraianos, tamén de Enciso. Unha das súas producións máis recentes é a curtametraxe Sycorax, de Lois Patiño e MatÃas Piñeiro, que foi seleccionada para participar na Quincena de Realizadores do último Festival de Cannes. Tamén produciu Eles transportan a morte, que foi parcialmente rodada en Ourense.
O Ourense Film Festival institúe por primeira vez o premio Chano Piñeiro como recoñecemento ós emprendedores do audiovisual galego, profesionais que dende diferentes frontes sacan adiante os seus proxectos, en ocasións á marxe da industria estandarizada. Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo, organizadora do certame co apoio principal da Deputación de Ourense, foi a encargada de comunicarlle o galardón á premiada, un “recoñecemento polo seu labor desde Filmika Galaika ó apostar nos últimos anos por potenciar e dar a coñecer unha fornada de novas creadoras e creadores galegos, facendo posible a realización dos seus soños audiovisuais con notable proxección internacional”. A galardoada recibirá o premio na gala inaugural do OUFF, o próximo 24 de setembro, en presenza da viúva de Chano Piñeiro, Mariluz Montes.