A proposta interactiva Ti primeiro chega aos móbiles

A novela visual de Melgo Cinema está dispoñible para dispositivos Android e iOS

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A proposta interactiva Ti primeiro chega aos móbiles

Os dispostivos equipados con sistemas operativos Android e iOS xa teñen dispoñible a aplicación que dá acceso a Ti primeiro. A prosposta interactiva de Melgo Cinema defínese como "novela visual" e "mestura o audiovisual, a literatura e os videoxogos", segundo sinala a produtora. Roberto Alvite correu coa escrita, a dirección e a produción do proxecto, que tamén coprotagoniza e no que cada persoa usuaria pode escoller as accións dos personaxes.

A produción "explora as relacións de parella actuais e a súa evolución co paso do tempo" e permite aos usuarios "elixir o camiño dos seus dous protagonistas que, tras meses de convivencia, deciden dar un paso máis e ter unha relación aberta". O proxecto artéllase en tres capítulos de imaxe real, de sesenta minutos cada un, que retratan a evolución da parella ao longo dos anos. Destes, o primeiro pódese descargar de balde e os outros dous teñen un prezo conxunto de 4,99 euros, segundo informa a produtora.

A novela visual está dispoñible xa en galego, español, inglés, francés, italiano e portugués de Brasil. En datas vindeiras, Melgo Cinema ten previsto introducir novos idiomas, plataformas e públicos no proxecto, que se desenvolveu co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Literatura, Portugués, Deputación da Coruña...