Un documental a falta de un festival

'Rockambreiros' conta a historia do Rock in Cambre que este ano non se celebrará

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Un documental a falta de un festival

Desde 1991 que leva celebrándose en Cambre ( A Coruña) o festival 'Rock in Cambre? Pero este ano, ao igual que o pasado, a traxectoria desta cita musical queda cortada por mor das circunstancias sanitarias. Con todo desde a organización e o Concello non quixeron deixar pasar a efeméride do 30 aniveersario aínda que non haxa edición e para manter viva ademáis a presenza, así como para homenaxear a todos os artistas e público que pasaron polo evento, así como para os propios vecinos de Cambre, presentaron unha peza audiovisual documental: 'Rockambreiros. Historia dun pobo rockeiro'. A historia dunha cita esencial contada por algún dos seus protagonistas e seguidores. Nonito Pereira, Julián Hernández, Pulpiño Viascón ou Tomi Legido son algún dos que participan nesta peza que está xa subida nas redes do festival.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Cambre, Documental, Julián Hernández...