Se os incendios non dan descanso, as festas tampouco. As próximas citas no calendario festivo de agosto están por todas partes. En Cambre o rock e o folck daranse a man no evento que comeza mañá na localidade coruñesa e que contará coa presenza de Barricada, Ialma, Los Suaves e os Diplomáticos. Mañá tamén comeza en VerÃn outro evento festivo aÃnda que non exclusivamente musical. Baixo o nome de “Verba. Festival internacional da palabra” concertos, teatro e recitais poéticos encherán a vila ourensá de actos culturais. Por último, o vindeiro 19 de agosto Soutelo acollerá unha nova edición (a vixésimo sétima) da festa que honra a memoria dun dos gaiteiros máis populares de Galicia, Avelino Cachafeiro.
Máis información sobre “Rock in Cambre” en La Opinión e sobre Avelino Cachafeiro no web do Concello de Forcarei