Compromiso coa actualidade. Esta sería o primeiro punto para definir a VI Edición de Viñetas desde o Atlántico, Salón de Banda Deseñada da Coruña. O segundo punto é a relevancia que no programa deste ano ten a novena arte feita no país. Cinco novos títulos e unha exposición de autores galegos sobre o chapapote erguen a voz galega nun encontro sen grandes estrelas internacionais.
Miguelanxo Prado, o director do salón, xa o anunciara a comezos de ano. O Viñetas desde o Atlántico deste ano non se ía manter á marxe maior catástrofe ecolóxica da historia de Galicia. E efectivamente, unha exposición dedicada ao Prestige amosa a visión da banda deseñada do país sobre o desastre da man do Colectivo Chapapote. Tamén desde Chapapote aproveitan o salón para presentar o álbum H2Oil, que reúne obras de sesenta e seis autores referidas á desfeita. A outra grande polémica de primavera, a guerra de Irak, está presente a través da mostra As guerras do século XX nas bandas deseñadas (1914-2001) e, en certo xeito, a través da retrospectiva que se lle dedica ao defunto Ivá, autor das antimilitaristas Historias de la Puta Mili da revista El jueves.
Os autores
Ao final non puido ser. As estrelas agardadas para esta edición, o guionista inglés Neil Gaiman, autor de The Sandman e o debuxante Dave Mc Kean non puideron acudir a esta cita por motivos de traballo, segundo explicou Miguelanxo Prado. Isto motivou que a maior parte dos autores convidados desta volta sexan españois, coma é o caso de Manel Fontdevila (de El Jueves), Juanjo Guarnido e Juan Díaz Canales (autores de Blacksad) e José Luís Munuera (debuxante de Les Potamoks). Onda eles estará José Carlos Fernándes, un portugués xa habitual nas nosas terras que se está a consagrar agora en España coa súa serie A pior banda do mundo. A única presencia de fóra da península será a de Stuart Immonem, canadiano que ten debuxado personaxes coma Thor, os Catro Fantásticos ou Superman entre outros.
Os nosos autores
O interese desta edición de Viñetas, vista a ausencia de autores internacionais, recaerá en grande medida na banda deseñada galega. Nada menos que cinco títulos publicados por imprenta ademais de varios fanzines feitos no país aproveitan este evento para se dar a coñecer. Ademais do xa mencionado H2Oil, presentarase o número catro da revista BD Banda e o primeiro da nova publicación Barsowia, editada polo colectivo Polaqia. Desde este mesmo colectivo chegará o primeiro volume de A prueba de balas, comezo dunha serie realizada por Enma Ríos. Por outra banda, tamén se presentará o número un de Cerditos de Guinea serie de David Prieto Seijo que xa vira o pasado ano un número cero. Onda estas presentacións poderá verse a mostra de H2Oil e a revista Golfiño contará cun posto no que os seus autores asinarán exemplares.
Máis de Galicia
A estes títulos e actividades súmase a habitual avalancha de fanzines que se presentan no salón. Desde a Coruña chegan El Jardín Atómico (quinto número), unha publicación coordinada por Álvaro López, Ademais, poderá adquirirse o terceiro número de Jorro! e os segundos de Dentro e de Mondongo. Pola súa banda a revista La Guía del Cómic, editada desde a empresa madrileña Undercomic, dedicará no seu número especial Viñetas unha especial atención aos autores do país incluíndo obras de galegos coma Manel Cráneo de Alberto Guitián. Por se fose pouco, o Salón acollerá tamén a presentación en Galicia de Freda, álbum dos galegos Kike Benlloch e Alberto Vázquez que viu a luz o pasado decembro da man da valenciana Edicións del Ponent.
As mostras
Ademais das exposicións correspondentes aos autores convidados e das xa mencionadas sobre as guerras na banda deseñada e sobre o falecido Ivá, o salón contará con outras mostras e actos arredor da novena arte. Como exemplo podemos citar a mostra Historia dunha páxina, que lle amosa ao público as diferentes fases do proceso creativo dun cómic. Xusto pola banda contraria, Leer cómic tiene su ciencia é unha exposición que amosa as posibilidades desta arte de cara á divulgación científica. Un paseo pola obra de Alberto Breccia, un dos piares da banda deseñada en arxentina, e do español Antonio Hernández Palacios completan as mostras desta edición.
Transición
Por segundo ano consecutivo, Viñetas desde o Atlántico reparte a súa sede entre o Kiosko Alfonso, o Pazo Municipal e a Sala Salvador de Madariaga. Ademais, os Xardíns de Méndez Núñez acollerán as casetas de librerías, asociacións e institucións, onde se poderán adquirir desde os últimos lanzamentos internacionais ata exemplares descatalogados. O peche da Estación Marítima, recinto tradicional deste evento, provocou que esta sexa o segundo ano de transición no salón. Está previsto que para a vindeira edición Viñetas se traslade definitivamente ao novo Pazo de Congresos da cidade, onde disporá dun maior espacio co que a organización agarda situar o evento entre os máis importantes de Europa. Coa mudanza de lugar se agardan tamén mudanzas na organización. O actual director, Miguelanxo Prado, anunciou xa a súa intención de deixar este posto en canto remate esta época, de xeito que poida que este sexa o último ano en que o vemos á fronte do evento. De calquera xeito a importancia do traballo que realizou ata o de agora, situando A Coruña coma un dos referentes peninsulares á hora de falar de banda deseñada, queda como algo indiscutible.