O ciclo 'Espazos Sonoros. Sons e lugares do Reino Medieval de Galicia' chegará, no mes de setembro, a diferentes enclaves patrimoniais da provincia da man das áreas de Cultura e Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña e dos concellos de Brión e Vimianzo. Este ciclo cancelouse o pasado ano, cando estaba patrocinado pola Dirección Xeral de PolÃticas Culturais da ConsellerÃa de Cultura da Xunta de Galicia.
AsÃ, durante tres fins de semana, entre o 11 e o 26 de setembro, combinaranse concertos musicais con roteiros e visitas guiadas nun total de oito espazos: as Torres de Altamira e as igrexas de Cornada, Luaña e San Fins en Brión, o Pazo de Mariñán en Bergondo, a igrexa de Santiago de Cereixo e o Castelo de Vimianzo, e as Torres do Allo en Zas. O programa aposta pola calidade nas propostas musicais pero buscando sempre o engarce sonoro e temático cos espazos nos que se desenvolve, e conta con formacións galegas e outras convidadas doutras partes de Europa. Manseliña, 'Ensemble Ony Waytars, Dous, Vivid Consort, Xoan Curiel e Pablo Pérez Sanmamed poñen as músicas. Todas as actividades son de balde pero é preciso inscribirse a través do correo electrónico