Inaugúrase a recuperación do Camiño Real entre Moaña e Cangas

A vía é agora o maior tramo peonil e ciclable de Galicia, con case seis quilómetros

5/8/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Inauguración do Camiño Real de Moaña a Cangas. Fonte: Deputación de Pontevedra

O proxecto de recuperación do Camiño Real entre Moaña e Cangas como vía peonil e ciclable é xa unha realidade. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inauguraba este 4 de agosto esta vía, que recupera o trazado da antiga vía que conectaba as dúas localidades no que é o maior espazo adaptado para peóns e bicicletas do país, con 5,3 quilómetros de lonxitude.

O investimento de 575.000 euros que realizou a entidade provincial incluíu, canda á sinalización e adaptación da vía "a creación de prazas e espazos de lecer e novo mobiliario urbano como bancos, fontes, papeleiras, pérgolas e aparcadoiros para bicicletas". O proxecto foi concibido "con perspectiva de xénero, dende a atención á infancia e para a integración dos colectivos con diversidades funcionais".

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moaña, Cangas, Carmela Silva, Deputación de Pontevedra...

Claves

Protagonistas
Conceptos