O escritor Pablo Nogueira Campo (O Carballiño, 1987) é o gañador do XVIII Premio de literatura infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez", na modalidade de narración, dotado con 1.500 euros e que convoca a Deputación de Ourense. O xurado destacou da obra premiada, O clube de coleccionistas de selos (presentada baixo o pseudónimo "Catro latas"), "a súa perspectiva inclusiva e que dá visibilidade á diversidade funcional entre a infancia", salientando tamén "a posta en valor do medio natural e a necesidade do seu coidado, asà coma a figura do avó e as relacións interxeracionais".
O xurado sinala a grande calidade das obras presentadas, destacando do traballo de Nogueira que se trata dunha obra "cunha escrita moi coidada, na que emprega moitas referencias a personaxes históricos e literarios, o que promove a posibilidade de diversificar os itinerarios lectores e o fomento da lectura. Elo converte á obra nun bo recurso literario para mestres e o seu traballo na aula". O xurado, presidido por Patricia Torres, deputada de Cultura da Deputación de Ourense, estivo formado por David Canda, Antón Alonso, Xosé Antón Dorrio, Isabel Mociño, e Ana Malingre (secretaria).
Pablo Nogueira estudou Maxisterio na Universidade de Santiago e actualmente é mestre de Audición e Linguaxe no ensino público. É licenciado en PsicopedagoxÃa pola USC e posúe un mestrado en Investigación en educación, Diversidade cultural e Desenvolvemento comunitario" na mesma universidade. Publicou dúas novelas curtas para o público adulto: Banda Sonora Orixinal (Fervenza, 2019), obra ganadora do IV certame Balbino de relatos, e Música para os dÃas de inverno (Laiovento, 2020).